BIBLIOFORTE

 


Biblioforte, a Biblioteca do CEIP de Monforte, recibe este nome dende o ano 2012, momento no que se incorpora ao PLAMBE e aos seus distintos proxectos (LIA, E-LBE,...)


Unha biblioteca concibida como centro de recursos e espazo de contacto coa información dentro do centro escolar e co obxectivo de conxugar lectura, información e aprendizaxe; ademáis de converterse en medio de compensación social e na especial motivadora de animación a lectoescritura nos distintos formatos e na mellora da aprendizaxe e da alfabetización informacional do alumnado.


 


PLAMBE:


Na última década as bibliotecas de Galicia nun intento de adecuación ao contexto social, educativo e tecnolóxico actual e de replantexar  as funcións da biblioteca escolar e as súas relacións co conxunto da comunidade educativa, reciben o apoio da Administración educativa mediante diferentes plans de apoio: o PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas escolares) que comeza a súa andaina en 2005, e mediante o que as bibliotecas reciben un apoio económico por parte da Admón educativa para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios para a prestación dos servizos da biblioteca así como proporcionar unha formación específica aos responsables de biblioteca e propiciar a súa integración nunha rede profesional colaborativa que facilita información, asesoramento, intercambio de recursos e favorece a creación de microrredes  para diversificar e fortalecer vínculos entre as bibliotecas participantes.


O PLAMBE entretece un conxunto variado de recursos e servizos compartidos entre os seus membros que van dende clubes de lectura, lotes viaxeiros con fondos relacionados con todas as áreas curriculares  a plans de alfabetización informacional. Igualmente, o plan integra outros proxectos da Consellería como a Hora de Ler, orientada ao fomento da lectura nos centros escolares; Plan LIA  de Lectura, Información e Aprendizaxe e o Proxecto E-LBE de dispositivos electrónicos de lectura como impulso da lectura dixital nas bibliotecas escolares.



 

volver