Non se pretende avaliar os coñecementos artísticos do alumnado, senón darlles unha ferramenta para fomentar a observación, a investigación e a síntese, capacidades imprescindibles para a posterior creación de textos informativos (comentarios artísticos) coa información relevante e a redacción axeitada.
Non é necesario que o alumno recoñeza, por exemplo, o estilo artístico dunha obra, pero é imprescindible que aprenda a buscar en internet e buscar en páxinas fiables que lle aporten a información que precisa para completar a ficha. Unha vez completa a ficha é resulta máis fácil redactar un comentario ordenado e preciso.
Todo elo coa finalidade de fomentar a comprensión lectora, a expresión escrita e oral e o emprego das novas tecnoloxías.