DIGALEGO
Dicionario de galego online(defeniciones, sinónimos, conjugador e refráns).
A aplicación de Digalego, app oficial da Xunta de Galicia, permite a busca de termos na EGU, permitindo acceder á súa definición, recursos multimedia asociados, termos veciños, sinónimos, frases feitas, etc.
VISITAR

O contido do Dicionario de galego en Internet ten como base de partida o Dicionario normativo, editado por Ir Indo Edicións e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, con base léxica no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). Ademais, seguirá a orde alfabética internacional, polo que os dígrafos chll e rr van incluídos dentro das letras cl e r, respectivamente, e está dividido en artigos ou lemas na súa forma en singular, agás aquelas palabras do tipo abade / abadesaheroe / heroína, que teñen entrada propia no feminino, e a súa flexión de xénero, cando corresponda, indicada coa última sílaba separada por un guión, ou co feminino desenvolvido (ex.: crucrúa), que utilizan formalmente a letra azul escura grosa.

Aínda que se toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa), procedeuse a modificar algunhas solucións que non parecen as máis axeitadas.

volver