Trátase dun material que forma parte dunha serie de documentos informativos
inclusivos realizados dende a biblioteca; unha biblioteca que, dende os seus
inicios, intenta ser inclusiva e
facilitar a cada quen a atención e o material máis idóneo.
Para a realización desta serie de documentos foron imprescindibles os pictogramas da páxina
web de Arasaac (http://www.arasaac.org/index.php),
páxina da que se collen o 99% dos pictogramas usados.