Este libriño xurde no desexo de contribuír a conservación e o amor polas expresións lingüísticas da xente do pobo de Monforte, expresións que se foron transmitindo oralmente a través do tempo e que amosan o sentir dun pobo respectuoso co seu pasado e orgulloso do seu presente.
É o resultado dunha recollida realizada por Biblioforte, no CEIP Monforte, e varios colaboradores: Institutos de Ensino Secundario e Bacharelato públicos de Monforte, Biblioteca Municipal, Casa do Concello, Oficina de Turismo, o Centro de Saúde –Ambulatorio- e Hospital Comarcal, Residencia Hogar San José, cafetería da Estación de Renfe e Pedanía de Bascós.