Catro paneis informativos con pictogramas situados nos distintos andares do centro para facilitar a orientación e localización de cada unha das súas dependencias.
Trátase dun material que forma parte dunha serie de documentos informativos inclusivos realizados dende a biblioteca; unha biblioteca que, dende os seus inicios, tenta ser inclusiva e facilitar a cada quen a atención e o material máis idóneo.
Para a realización desta serie de documentos foron imprescindibles os pictogramas da páxina web de Arasaac (http://www.arasaac.org/index.php), páxina da que se collen o 99% dos pictogramas usados.